Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2008

2 Domingo de Pascua

NÓS TAMÉN VIMOS AO SEÑOR…E POR ISO ESTAMOS AQUÍPÓRTICOA recuperación da liberdade e o plurarismo da nosa sociedade favorecen o cuestionamento de moitas das nosas crenzas, indiscutidas durante moitos anos. Ás veces laiámonos de que se cuestionen os nosos dogmas e as nosas seguridades, e mesmo nos sorprenden cambios na Igrexa, que aceptamos resignadamente e con receo como síntomas de inseguridade, debilidade e claudicación.Por iso necesitamos resucitar, redescubrir a Xesús presente entre nós, alentando e acompañando o noso camiñar, necesitamos que El nos dea o seu Espírito para poder ler os sinais dos tempos, un Espírito que nos traia o recendo da esperanza, da paz, da solidariedade e da xustiza.Que na celebración que agora comezamos nos deixemos impactar polo anuncio da resurrección: nada está perdido, hai camiños novos, descubrámolos!O PERDÓN ûRenuncias a todo aquilo que te enfronta cos veciños, cos amigos, coa familia.... e te leva a camiñar na insolidariedade e no egoísmo?. SI, RENU…

DOMINGO DE RAMOS

ESQUEMA DOMINGO DE RAMOSFÓRA DO TEMPLOMONICIÓN PARA O COMEZOSAÚDOPROCLAMACIÓN DA PALABRA (Mt 21, 1-11)OACIÓN E BENDICIÓN DOS RAMOSCANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑORDENTRO DO TEMPLOGLORIA
ORACIÓN COLECTA
LECTURA DA PALABRA*Filipenses*Paixón segundo MateoHOMILÍACREDOORACIÓN DA COMUNIDADEPRESENTACIÓN SIGNOS DO OFERTORIOOFERTORIO: GRACIAS SEÑOR, GRACIÑAS

Marta creu e resucitou

Domingo V da Coresma9 de marzo de 2008PÓRTICO
Nun mundo coma o que nos toca vivir, no que a rendibilidade convértese nunha nova divindade que hai que adorar, todo é obxecto de explotación: a natureza….e tamén a mesma persoa: o seu traballo, a súa vaidade, o seu egoísmo, as súas necesidades, a súa ambición… ata o seu medo. Porque… que renda tan fabulosa se obtén do medo!. Por medo a perder un soldo, un emprego, un nome, un prestixio, unha popularidade…renunciamos ao que somos (persoas libres), vendémonos como escravos e preferimos non pensar na inxustiza que sufre o noso próximo; na mentira coa que enganan ao irmán, na opresión que padece o veciño polo simple feito de ter nado noutro país; ou na fame daqueles que camiñan con nós.Por iso como cristiáns e cristiás, temos a esixencia de anunciar a mensaxe de vida e resurrección de Xesús coma unha oportunidade de liberación dos medos. Que a celebración deste derradeiro domingo da coresma sexa un aldabonazo para revisar e renovar a nosa cond…