Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2008

SER CRISTIÁN COMPLICA, PORQUE IMPLICA, A VIDA

PÓRTICO
As relixións, calquera relixión, son algo moi cómodo. Trátase de cumprir cunha serie de obrigas, non comer carne, por exemplo, e xa somos bos… Ir á pagoda, á mesquita, ao templo… facer as oracións e as novenas… e xa está.E, ademais, hai tantas relixións que mesmo podemos servirnos á carta. O caso é que realizando algúns ritos teñamos contento a Deus, que ganemos o ceo. Despois, tranquilos e contentos, sen problemas. Só temos que seguir as normas, canto máis ao pé da letra, mellor.Porén…ser cristián e cristiá e outra cousa; ser cristián e cristiá complica, porque implica, a vida… Complica a vida pero paga a pena. Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrilo.O PERDÓNLimpa os nosos ollos polas veces nas que non poñemos luz na vida das persoas, senón que co noso comportamento, sementamos máis dúbidas, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.Limpa os nosos ollos de ver o negativo, o que non ten remedio, de ver con mirada xulgadora, con esixencia, con intolerancia…, CR…

A AUGA DO SEÑOR, CAMBIOUME O CORAZÓN

PÓRTICO
Estamos sedent@s, temos que recoñecelo. Sedent@s de comprensión, cariño, tenrura, amizade…. Temos verdadeira sede de podermos saír da soidade á que nos empurra esta nosa sociedade do desacougo, da presa, da desconfianza, da competitividade.Que bo é ter sede!. Porque o que o sabe todo, non pregunta; o que se cre sant@, non pide perdón; o que se sente rico, non pide nada… o que non ten sede, non buscará a fonte da auga.Hoxe, a nosa andaina da coresma chámanos dun xeito especial a, dentro dunha sociedade violenta, a ter sede de paz, de comprensión, de diálogo. Que na celebración que agora comezamos sexamos quen de descubrir a Cristo coma fonte inesgotable de auga viva.PERDÓN·Porque moitas veces non deixamos que a auga do Evanxeo limpe as nosas envexas, os nosos ciumes ou a nosa capacidade de poñer distancia entre os irmáns, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.·Porque moitas veces, quizais demasiadas, non queremos lavarnos de canto nos fai violentos, distantes e insolidarios, sa…

… E XESÚS ESTABA NA POLA

PÓRTICO
De entre todos os tempos litúrxicos, a Coresma na que estamos mergullad@s, leva parella unha connotación negativa. Falar de Coresma evoca en nós palabras como renuncia, sacrificio, austeridade…. Valores que non están de moda na nosa sociedade de hoxe.E iso é verdade: a Coresma é tempo de renuncia, de sacrificio, de austeridade… pero sobre todo é tempo de reflexión, de preparación… para vivir o acontecemento que alumea e dá sentido á nosa vida cristiá: a resurrección de Cristo.Que a celebración deste segundo domingo da Coresma nos dea azos para seguir camiñando neste tempo de conversión e de cambio, neste tempo de graza.O PERDÓNØPorque moitas veces negámonos a saír de nós mesmos para ir ao encontro d@ outr@ e descubrir que ao noso carón existen persoas que non teñen traballo, saúde, acceso á educación…. SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.ØPor negarche cada día momentos de oración e paz, CRISTO, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.ØPolas ocasións nas que non somos fieis ás nosas …

Remol e a Nota Espiscopal

“Salvo en situacións moi excepcionais, nas que estean en xogo de maneira colectiva os dereitos fundamentais da persoa e da sociedade, a autoridade eclesiástica non pode sinalar a obrigación moral de votar nun determinado sentido. En todo caso, á vez que recoñecemos e defendemos a liberdade de opción política dos cristiáns, temos que insistir tamén na obrigación que todos temos de exercer este dereito coamáxima responsabilidade moral, tendo en conta o conxunto de bens materiais, morais e espirituais que constitúen o ben común da nosa sociedade. ( 122. CATÓLICOS ENLA VIDA PÚBLICA)Hai uns días, a permanente da Conferencia Episcopal Española emitía unha nota coa que quería invitar aos católicos a emitir un voto responsable e maduro nas próximas eleccións. Sen negarlles aos bispos a liberdade de facelo, tamén nós, os que facemos Remol, cristiáns cheos de esperanza e ilusionados na tarefa de ir construíndo pequenos anaquiños de sociedade desde a semente gozosa da dignidade humana e fidelida…

I DOMINGO DA CORESMA

CAMPAÑA DE MANS UNIDAS PÓRTICOComezamos o tempo da Coresma. É unha chamada forte á conversión e á reconciliación con Deus, coa Igrexa, cos irmáns e irmás. Neste primeiro domingo, invítasenos a meditar cómo Xesús, antes de emprender a súa vida pública, retirouse ao deserto para orar e vencer as tentacións; e neste contexto, co lema “Nais sanas, dereito e esperanza”, celebramos a campaña XLIX de Mans Unidas.Que esta celebración que agora comezamos nos dea azos para loitar contra todo aquilo que nos afasta do camiño de Deus.O PERDÓNðTi aseguraches que o ser humano non vive só de pan. Por todos os nosos materialismos, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.ðTi rexeitaches a tentación da presunción. Por todas as nosas irresponsabilidades, CRISTO, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.ðTi superaches a tentación do poder e do triunfo. Por todas as nosas idolatrías, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.REMUÍÑOO plan de Deus sobre a persoa é un plan de amor e salvación. El creounos á súa imaxe e se…

REFLEXIÓN PARA O MÉRCORES DE CINZA

Un pouco de cinza ao comezar a Coresma grítanos desde o profundo:
*Ábrete ao esencial*Ábrete ao importante*Ábrete ás preguntas que non pasan*Ábrete á misericordia*Ábrete aos novos camiños*Ábrete á Palabra de DeusOnde vas?. Onde te encamiñas?. E se tiveses que torcer o teu camiño e emprender a ruta que leva á liberdade dos fill@s de Deus?.

Coresma 2008

INTRODUCIÓNComezamos o tempo coresmal. Os corenta días antes da Pascua cóntanse a partires do mércores de cinza. Unha corentena de preparación para unírmonos plenamente a Cristo no seu misterio pascual. Necesitaremos máis oración, máis austeridade, máis caridade. Necesitamos máis fe e máis apertura á Palabra de Deus.Porque se Deus é amor, a nosa Coresma deberá ensinarnos a amar e a exercitarnos para vivir no amor. Un camiño para alcanzar a Cristo e bañarse nos ríos do seu costado. Dito doutro xeito, é un camiño interior para descubrir a Xesucristo, que xa nos alcanzou primeiro. Está dentro de nós. Entre El e nós non hai distancia. Está en ti, aínda que te sobrepasa, pero é o teu verdadeiro “eu”. Vivifícate e plenifícate. Sexa, pois, a nosa Coresma un exercicio continuado de amor.Vamos pornos en camiño ao longo da Coresma, coma aquel samaritano,e seguro que cada día atoparemos persoas abandonadas, que morren por falla de amor e axuda. Cantas Coresmas precisaríamos para chegarmos a coñe…