Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2008

Domingo 4 TO 2008

BENAVENTURADO TI QUE NON TES MEDO ARRISCARTE PÓRTICO
Xa case ás portas da Coresma, hoxe a Palabra proponnos as benaventuranzas. É unha oportunidade máis que nos brinda o Señor de enfocar a nosa vida, de buscar por este camiño de esixencia, de renuncia a verdadeira felicidade. A felicidade do compromiso, do traballo e da loita por construír un mundo renovado. Contamos con tódalas persoas nesta tarefa, unamos esforzos e ánimos e miremos que nas nosas comunidades está o peor e o máis humilde do mundo, só así poderemos descubrir a grandeza do Señor que nos anima.Que esta celebración que agora comezamos, nos descubra que a felicidade verdadeira é posible se somos quen de comezar este camiño que o Señor hoxe nos presenta.PERDÓNPorque moitas veces pensamos que co ter, co acaparar, podemos ser mais felices, SEÑOR, MÓSTRANOS O CAMIÑO.Polas veces en que queremos ter sempre a razón e non escatimamos medios para conseguir os nosos obxectivos, aínda que sexa a costa dos demais, CRISTO, MÓSTRANOS O C…

III DOMINGO DO T.O. 2008

Fagamos Igrexa de comuñón, e non capeliñas de desunión

PÓRTICO
Non ser capaz de entender, e polo tanto de asumir, que os cristiáns somos un grupo máis, inda que numeroso, na nosa sociedade plural, democrática e chamada a construírse desde o respecto dos Dereitos Humanos, fainos, moitas veces, caer na tentación de querer impoñer a tod@s o que é o xeito de ver as cousas por parte dos que nos sentimos seguidores de Xesús de Nazaret. Isto leva a que acabemos en enfrontamentos dialécticos, descualificacións e, polo tanto, creando un clima de crispación. E isto nunca é bo para ninguén, e moito menos para os que temos como lema facer do mundo a casa de tod@s.
Que a celebración de hoxe nos faga superar a tentación de crear grupos de presión que, pretendendo presentarse como fieis ao seguimento de Xesús, só buscan tensionar e enrarecer as relacións entre cantos formamos parte da nosa sociedade.

PERDÓN
Porque non queremos darnos conta de que o Reino de Deus xa está aquí, e co…

PORQUE NOS CHAMAS…AQUÍ ESTAMOS PARA FACER A TÚA VONTADE

PÓRTICOEstamos nun mundo no que prima a masificación: montóns de xente vestida do mesmo xeito, lendo os mesmos libros, escoitando a mesma música, mirando as mesmas películas e programas de televisión….e o que é pior, un mundo no que tendemos a pensar tod@s do mesmo xeito. A realidade é que conseguimos un mundo de persoas uniformes no que o individuo se perde completamente na masa.Por iso, resulta sorprendente a Palabra que hoxe escoitaremos, na que nos atopamos cun Deus que chama persoalmente por cada un e cada unha de nós desde o ventre materno. Para Deus non existe a masa, non existen as persoas sen rostros, senón que El pensou en cada un e cada unha de nós, chamounos polo noso nome e marcounos un camiño singular e particular.Que a celebración que agora comezamos nos axude a dar unha resposta libre, persoal e positiva a esta chamada de Deus.O PERDÓNPorque seguimos créndonos o embigo do mundo, imprescindibles, insustituibles, e non somos quen de deixar paso a outros para que fagan as…

Epifanía 2008

E DEUS AGASALLOU AOS REIS CUNHA ESTRELA PARA OS ESTRELADOSPÓRTICOA celebración de hoxe quere ser para todos nos unha chamada a descubrir ao Señor presente nas nosa vidas como luz e ao mesmo tempo, a tomar conciencia de que esta luz é para tódalas persoas, sen distincións de razas, nin de credos, nin de ideoloxías. Todos estamos chamados a construír un mundo cada vez mais humano e humanizador, no que non haxa persoas estreladas pola falta de condicións de vida, pola falla da educación, pola falla de oportunidades.Pidamos pois, que o Espírito nos mostre o camiño que nos leve a construír este mundo dende o proxecto de Deus.PERDÓNPolas veces nas que lle agochamos luz aos demais, excluíndoos, negándolles a palabra, non valorándoos como o queson, SEÑOR, ILUMINA AS NOSAS TEBRASPolas moitas veces nas que o noso actuar e o noso dicir non son luz para os demais, senón polo contrario, somos motivo de escándalo, CRISTO, ILUMINA AS NOSAS TEBRASPorque o nacemento do neno De…