Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2007

I DOMINGO DE ADVENTO (CICLO A):

Vaiamos e camiñemos á luz do Señor!
PÓRTICO

Empeza o Advento, ese tempo que sempre dicimos que é de preparación para o Nadal. De verdade, preparación para o Nadal?. Se levamos preto de dous meses vendo luceciñas de cores en escaparates, centros comerciais e mesmo nas rúas. Xa hai ben tempo que asociacións, Anpas, comisións de festas e mesmo parroquias nos veñen tentando coas rifas para colaborar nunhas ou noutras cousas. Nas tendas, centros comerciais ou supermercados o turrón, os polvoróns e demais alimentos que se comen en Nadal son ofrecidos como adianto e a mellor prezo. En que temos convertido o Nadal?. Ten sentido seguir falando de que o Advento é tempo de espera, preparación, invitación ao cambio e á reflexión?.
Pois si, teno e moito, non hai mellor maneira de contrarrestar esta visión consumista e meramente gastronómica ao que algúns queren reducir o Nadal, que cunha resposta sinxela, pero sincera; austera, pero non miserenta; alegre, pero non de panxoliña edulcorada.…

Advento: Facer Xermolar a esperanza

TEMPO DE ADVENTO: UN NOVO AGASALLO DE DEUS PARA DERROTAR O PESIMISMO E FACER XERMOLAR A ESPERANZA
SIGNO
O signo que presentamos este Advento son catro cactos diferentes, un cada semana. Con eles queremos expresar o noso compromiso de que durante o camiño do Advento estamos dispost@s a deixar atrás as espiñas do noso corazón que nos afastan dos demais, que nos impiden ser felices e que non posibilitan o nacemento do Señor.
RemolPara orar e celebrar a fe na nosa terra FESTA DE CRISTO-REI (CICLO C)UN CRISTIANISMO DE MEDIACIÓN NUNHA IGREXA DE SERVIDOR@SPÓRTICO Celebramos hoxe a festividade de Cristo Rei, coa que pechamos un ano litúrxico no que fomos recorrendo a nosa historia de salvación, as palabras e os feitos da vida de Xesús que Lucas recolle no seu evanxeo. Agora, antes de comezar o camiño no tempo do Advento, botámoslle unha ollada a quen ilumina todo isto: Cristo, para recoñecelo como Aquel que dá sentido á nosa vida, “porque nel quixo Deus que residira toda plenitude, e por El quixo reconciliar consigo tódalas cousas”. Precisamente ese é o significado que ten a festa de hoxe; pois proclamar a Cristo como Rei é vivir diariamente os valores do seu reinado desde a humildade e a sinxeleza do noso servizo; desde a efectividade do noso compromiso; desde a confesión do noso testemuño persoal e comunitario. Que a celebración que agora comezamos nos axude a que se cumpra en cada un e cada unha de nós aqui…

O TRABALLO: CAMIÑO DE REALIZACIÓN PERSOAL E COMPROMISO SOCIAL

PÓRTICO
As palabras da carta de Paulo resoan nos nosos oídos coma un aldabonazo que nos fai poñernos as pilas. E isto é así porque moitas veces pensamos que o mundo do traballo é pura e simplemente un medio de gañar cartos para logo poder gastalos. Equivocados estamos se pensamos así!. O traballo é medio para obter uns ingresos, pero o seu fin non debemos situalo aí, pois estaríamos quitándolle todo o sentido de realización persoal, encontro cos demais, aportación ao desenvolvemento da sociedade... o que supón, para que sexa deste xeito, estar atentos para a denuncia, sempre que por medio do traballo dos outros, haxa persoas que se enriquezan, os exploten, lles supriman dereitos ou manteñan situacións de escravitude –que inda que nos pareza estraño, seguen existindo-. Dignificar o traballo e as súas condicións é tarefa de tod@s, por iso ter un posto de traballo é moito máis que unha posibilidade de gañar cartos; é un medio que nos fai crecer coma persoas e abrirnos á sensibilidade de s…

DEUS ESTÁ AQUÍ

TESTEMUÑAS DUNHA VIDA E TRANSMISORES DUNHA EXPERIENCIA

PÓRTICO

Sempre dicimos que a fe é importante na nosa vida, que Deus ocupa un lugar fundamental, que sen El faltaríanos algo. Nembargantes, en demasiadas ocasións utilizamos a Deus para os nosos propios intereses, ancorándonos en costumes, tradicións, comodidades… e deixando de lado o que debera ser o fundamental: a construción do Reino aquí e agora.
Que a celebraciónb que comezamos nos axude a saber estar no mundo cunha actitude de colaboración, para deste xeito ir deixando tras de nós as pegadas de quen se sinte testemuña do Deus da vida.


PERDÓN

Polas veces en que nos pechamos en nós mesmos, facendo o que nos apetece a nós e desentendéndonos de todo e de todos, SEÑOR, ÁBRENOS Á VIDA.

Porque nos custa renovarnos e preferimos dar de costas a todo o que signifique transformación e cambio, CRISTO, ÁBRENOS Á VIDA.

Polas veces nas que tratamos de encorsetar a Deus e sometelo á nosa conveniencia, SEÑOR, ÁBRENOS Á VIDA.

REMUÍÑO

* …

Todos os Santos

Aplicar o sentido común, sen estridencias, no quefacer cotiánPÓRTICOA festa de tódolos Santos, a festa dos sinxelos de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis para que fagamos memoria agradecida de tantas persoas, que sen saír nin na televisión nin nos demais medios de comunicación; sen facer da súa vida escaparate público nin un canto á extravagancia nin ao escándalo, quixeron e souberon facer das súas vidas verdadeiros cantos de fraternidade solidaria e xusta en favor de persoas, comunidades e países. Que saibamos poñerlle rostro de cercanía, cariño e agradecemento, sempre, pero especialmente desde esta celebración que agora comezamos.PERDÓNAlenta, Señor, a nosa vida para que non agromen nela nin a intolerancia nin a insolidariedade, SEÑOR, QUE CONSTRUAMOS FRATERNIDADE. Anima, Señor, o noso camiñar, para que aprendamos a parar a tender a nosa man diante da violencia e o a falta de amor, CRISTO, QUE CONSTRUAMOS FRATERNIDADE. Acompáñanos, Señor, coa túa presenza, para que saibam…

GRAZAS POR HOSPEDARTE NA MIÑA CASA

PÓRTICOHoxe, máis que nunca, necesitamos fogares onde se invite a hospedarse, a quedar neles. Fogares nos que se venzan as desconfianzas e se abran as portas para poder acoller, escoitar, compartir tempo con quen chama neles. E… como nos custa isto!. Que pouca atención prestamos a quen dicimos que é o noso Mestre!. Son moitos os “zaqueos” que necesitan baixar da figueira e atoparse con Xesús. Por que non imos ser nós os que os invitemos a entrar na nosa casa?; e poidan así atopar a compañía que os leve a deixar atrás canto os está a facer vivir na tristura e na desesperanza? Hoxe temos unha nova oportunidade de seguir a invitación do Mestre, fagámolo!.PERDÓNPorque, a diferenza de Zaqueo, non estamos dispostos a baixar da figueira e deixar atrás canto nos fai insolidarios e inxustos, SEÑOR,QUE NON TEÑAMOS MEDO. Porque, a diferenza de Zaqueo, non queremos recoñecer que confesar a fe na salvación lévanos a non deixar esvarar a Palabra por nós sen deixala enchoupar a nosa vida, CRISTO, QUE…