Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2007

Unha fe de conviccións

PórticoNa nosa sociedade tecnificada, materialista e autosuficiente, resulta moi difícil falar de actitudes diferentes, de xeitos de vida que vaian contra corrente, que moitas veces entran en conflito. Así, falar de fe, de humildade, de sinxeleza, amor e confianza en Deus, pode parecer estraño nestes tempos.A celebración de hoxe invítanos a descubrir que é nesas actitudes onde está a felicidade e é aí onde Xesús non incide para facer realidade no noso mundo e no noso tempo o Reino que El trouxo. Pidamos con forza como pediron os apóstolos a Xesús: “Auméntanos a fe”.Perdón¨Porque moitas veces sentimos medo e vergoña de manifestar que somos crentes. Señor, acrecenta a nosa fe.¨Polas moitas veces nas que renunciamos a expresar cos nosos feitos que o seguimento de Xesús guía a nosa vida. Cristo, acrecenta a nosa fe.¨Por ter caído na tentación de reducir a vida de fe a simples actos devocionais, desenraizados do que vivimos, pensamos e facemos cada día. Señor, acrecenta a nosa fe.Remuíño¨S…

Pensar e comprometerse coa pobreza

PENSAR EN GLOBAL, COMPROMETERSE NO LOCAL
PÓRTICO
Vivimos nun mundo cuns contrastes económicos brutais, un mundo cunhas cifras que dan arrepío: 1200 millóns de persoas malviven con menos dun euro ao día, 28.000 nen@s morren por causas relacionadas coa pobreza, dous terzos dos analfabetos do mundo son mulleres, 1200 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable, 840 millóns de persoas están desnutridas, o 20% dos fogares españois están por debaixo están por debaixo do umbral da pobreza…..Este é o noso mundo, e non podemos pechar os nosos ollos diante de tanta inxustiza, de tanta marxinación e de tanta pobreza só porque a nós non nos toque directamente. A celebración que agora comezamos invítanos a pensar en global para comprometernos no local, no concreto, no aquí e agora.
O PERDÓN
Porque seguimos despilfarrando, mentres que na terra tant@s irmáns e irmás nosos non teñen o necesario para levar unha vida digna, SEÑOR, ABRE O NOSO CORAZÓNPorque facemos oídos xordos …

DA EXPLOTACIÓN DO IRMÁN…. LÍBRANOS SEÑOR

PÓRTICO
Non hai máis que botar unha ollada ao noso redor, para decatarnos que o que priva é a especulación e a ganancia sen límites; de xeito que o noso mundo considera astutas e intelixentes a aquelas persoas que saben acumular cartos, xa que estes son a suma de todo canto desexamos: poder, prestixio social, cultura, comodidade, beleza, placer… Hoxe a Palabra alértanos contra o perigo que encerra o consumismo, que nos fai insolidari@s, que pecha os nosos ollos diante das necesidades e sufrimentos dos nos@s irmáns. Por iso, Xesús non se cansa de lembrarnos que non podemos servir a Deus e aos cartos, que non podemos vivir consumindo egoistamente toda clase de bens e pretender, ao mesmo tempo, sermos fieis a un Deus que é e que pide amor, xustiza e fraternidade.Que a celebración que agora imos comezar nos dea azos para non axeonllarnos diante do deus mercado.PERDÓNPorque mentres Ti queres que todas as persoas, sen distinción, nos salvemos, nós seguimos sendo exclusivistas, SEÑOR, LÍBRANO…

UNHA AUTOCRÍTICA HUMILDE

PÓRTICOMoitas veces esquecemos que o punto de referencia das nosas actuacións debe ser Xesús; e por iso a nosa vida non expresa, non vive, non amosa… a fe que cremos e celebramos; por iso non estamos dispost@s a saírmos das nosas seguridades para ir na busca de quen está perdid@, desorientad@ ou esquecid@. Ou, ao mellor, si estamos dispost@s; pero non desde o respecto á súa liberdade, senón desde a imposición, desde o ordeno e mando. Porén, Xesús déixanos claro que non quere impor nada, que a súa é unha opción libre e persoal, desde o respecto, e non desde a imposición, desde o amor, e non desde o fundamentalismo.Que a celebración que agora comezamos nos abra os ollos, os oídos e o corazón para irmos na busca de quen precise da nosa axuda.O PERDÓNPorque nos parecemos demasiado a aqueles xudeus contemporáneos de Xesús, pois tamén nós nos consideramos xustos, bos e cumpridores, criticando e murmurando daquelas persoas que consideramos pecadores, SEÑOR, ÁBRENOS Á TÚA MISERICORDIA. Porque …

UN MUNDO A CONSTRUÍR: REFUXIO DE FRATERNIDADE

PÓRTICOResúltanos difícil conxugar o que nos di a Palabra que proclamamos coa vida que vivimos. Temos moi claro que Xesús fálanos de paz, amor, xustiza, perdón... e nós empeñámonos en vivir no enfrontamento, o odio, a inxustiza ou o rancor.Ata cando vai ser así?. Deixemos de ser teóricos do Reino, para comezar a ser vida, onde o corazón saiba amar, a cabeza descorrer e as mans traballar.Que a nosa oración comunitaria de hoxe nos axude a conseguilo.PERDÓN♱Por tódalas veces nas que non quixemos unir o que rezamos e o que vivimos.SEÑOR, QUE SAIBAMOS VIVIR O PERDÓN.♱Por tódalas veces nas que renunciamos a vivir a fraternidade, empeñándonos en buscar o enfrontamento.CRISTO, QUE SAIBAMOS VIVIR O PERDÓN♱Por tódalas veces nas que non soubemos descubrirte nas persoas pequenas e necesitadas.SEÑOR, QUE SAIBAMOS VIVIR O PERDÓNREMUÍÑOSeñor, ti es o noso refuxiooAnte as dúbidas e medosoAnte as nosas inseguridadesoAnte as nosas renuncias para ser testemuñas da túa mensaxeoAnte as nosas desesperanza…