Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2007

A humildade, verdadeira sabedoría

PÓRTICO Se nos poñemos a ver na televisión ou a escoitar na radio, na nosa forma de pensar, ou no que din os demais, descubriremos cal é o modelo de triunfad@r, o que sae mais na televisión ou nas revistas,... Sen darnos, conta nós mesmos entramos na mesma dinámica: no traballo queremos subir e ser os mellores, que o xefe nos loe, que os compañeiros digan o ben que o facemos; cos amigos buscamos destacar por ter mais. O modelo publicitario é sempre unha persoa individual, independente, sen necesidade de ninguén, que por ela mesma se sobra. A celebración de hoxe móstranos cal é a sabedoría de Xesús, que sendo o primeiro fíxose último, ensinándonos que ante todo temos que ser humildes, temos que ser persoas que fagan comunidade dende o servizo, dende o traballo ben feito. Cambiemos pois de actitude e sintamos a necesidade que todos temos dos outros e do Pai. PERDÓN · Porque cando actuamos, as máis das veces, buscamos a aprobación d@s demais, que nos dean palmadiñas

DAS GRANDES TRIBUNAS PÚBLICAS…

DAS GRANDES TRIBUNAS PÚBLICAS…, AFÁSTANOS, SEÑOR. PÓRTICO Como nos gusta, aínda que coa boca pequena digamos que non, estar no centro das cousas!. Como nos gusta ser perexil para poder ir con tódalas salsas!. As veces, parece que se non estamos en tódolos peteiros pensamos que as cousas xa non van ir ben, que non sairán, que se farán mal... e o peor de todo, é que isto vai a máis; como se non aprenderamos nada do bacío que este xeito de facer as cousas foi deixando en tantas e tantas persoas. Para moit@s o importante é aparecer nos papeis, na televisión, falar pola radio, inda que o que del se diga ou o que el diga sexa pouco edificante. Que máis da o que digan, o importante é que falen de nós!. Que mágoa pensar e actuar así!. Xesús quere darnos unha clave distinta de ver e facer as cousas, unha clave que pasa polo traballo calado, sinxelo e sincero. Non importa tanto que falen de nós, canto que nós fagamos as cousas por e para os outr@s. Só así entenderemos que significa ser os primei

A PAZ, FROITO DA XUSTIZA

A PAZ, FROITO DA XUSTIZA PÓRTICO Os cristiáns e as cristiás non podemos ser persoas fatalistas, que nos resignemos diante dunha situación inxusta, buscando por riba de todo tranquilidade e unha falsa paz. Tampouco podemos ser persoas inmobilistas, que xustifiquemos a orde actual das cousas, sen traballar ilusionadamente, nun esforzo creador e solidario, por un mundo mellor. Asemade, tampouco debemos ser persoas rebeldes que, movidas polo resentemento, botemos abaixo todo para asumir o lugar daqueles @s que derrubamos. Porén, @s seguidores de Cristo vivimos e actuamos movidos pola paixón e pola aspiración de colaborar nun cambio total da humanidade. As lecturas que imos escoitar hoxe invítannos a non desfalecer neste camiño, a non desanimarnos. Que nos deixemos engaiolar por esta Palabra de vida e esperanza. O PERDÓN Pedimos perdón, Pai, porque mentres que Ti nos falas de entrega, valor, coraxe e esforzo, nós buscamos un milleiro de escusas tras as que agochar a nosa covardía e

O medo non garda a viña

DOMINGO XIX DO T.O. (CICLO C) O MEDO NON GARDA A VIÑA: NON @S PROFETAS DE CALAMIDADES PÓRTICO Temos demasiados medos: á liberdade, á verdade, a dubidar, ao cambio, ao novo, a perder posición social, riqueza, privilexios, poder…. e aínda que non teñamos nada que perder, seguimos tendo medo porque nos deixamos levar daqueles que nolo meten no corpo. E este medo fainos retroceder, paralízanos, fainos intolerantes e mesmo agresivos. Que lonxe esta actitude da Palabra!. “Non teñades medo”, escoitaremos hoxe, sede homes e mulleres de esperanza cristiá, unha esperanza que nos pon en camiño. Dispost@s a deixarnos enchoupar por esta Palabra, comecemos a nosa celebración. O PERDÓN Ti, Señor, chámasnos á fe. Polas veces nas que non confiamos en Ti, SEÑOR, VARRE OS NOSOS MEDOS. Ti, Señor, chámasnos a dar testemuño. Polas veces nas que os nosos comportamentos, as nosas palabras, as nosas actitudes… son verdadeiro antitestemuño, CRISTO, VARRE OS NOSOS MEDOS. Ti, Señor, chámasnos a pasar polo mundo f