Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2007

Encher a vida ou vivila?

ENCHER A VIDA OU VIVIR A VIDA?PÓRTICOEstamos inmers@s no mundo da publicidade, de anuncios chamativos, de carteis provocativos no que todo e todos nos invitan a consumir, a vivir ao día, a valorar o que temos na medida en que o gastamos. E poderemos consumir se somos quen de acumular ben e cartos a calquera prezo: o importante é ter para consumir. Sen darnos conta, entramos nunha dinámica de deshumanización poñendo como centro da nosa vida os cartos, o ter… por riba doutros valores como son a amizade, o diálogo, a natureza, o ocio, a cultura a arte... xa que estes quítannos tempo e forzas.Hoxe a celebración invítanos a valorar as riquezas e o posuír coma un medio e nunca coma un fin. Necesitamos os cartos, xa que o mundo e as necesidades humanas están en función deles, pero non o son o todo. De que nos sirve ter se non somos persoas?, de que nos serve o acumular se somos pobres interiormente?.Que a escoita da Palabra e o pan que se nos parte sexa para nós estímulo para valorar o despr…

Orar para que veña un mundo novo

REZAR…. ¿PARA QUE?PÓRTICOCantos “Noso Pai” teremos recitado na nosa vida pasando de puntillas polo contido das súas peticións, incapaces de pensarmos no que dicimos, repetindo frases mentres pensamos distraidamente noutras cousas que son as que verdadeiramente nos interesan e nas que poñemos a nosa atención. A realidade é que, tras vinte séculos de cristianismo, a meirande parte dos cristiáns e cristiás non sabemos rezar. Dicimos oracións, si, pero poucas veces pensamos no que dicimos nelas, poucas veces confesamos co noso corazón o que recitamos cos nosos beizos. O resultado salta á vista: un pesadelo absoluto e insoportable, unha repetición de palabras sen sentido que non deixan pegada ningunha en quen as pronuncia. Por iso resulta tan pouco eficaz a nosa oración, porque, coma lle ocorría aos apóstolos nalgunha ocasión, “non sabemos o que pedimos”.Hoxe é un bo día para aprender a orar. Quizás poidamos facer unha experiencia interesante: un alto no noso costume para dicir, paseniñame…

Das apariencias ... líbranos, Señor!

REMOL SANTIAGO APÓSTOLODas aparencias...líbranos, Señor!
Pórtico
Nun día cheo de luz, a luz que nos ofrece a Palabra que imos proclamar, e na que se nos invita a non caer na tentación da aparencia, do quedar ben ou do finximento, poñámonos en disposición de celebrar, compartir, disfrutar e renovar unha fe que nos quere non nas sancristías, falsos cuarteis de inverno, senón no medio do mundo, para non ter medo a dicir que Cristo vive, e é a forza que nos chama a comprometernos para que o Evanxeo, unha vez anunciado, poida ser compartido, celebrado e vivido persoal e comunitariamente. Facéndoo sen medo nin vergoña, senón con alegría, esperanza e gozo. Que a festa de Santiago Apóstolo, que non tivo medo nin vergoña de confesar ao Señor, neste noso día de Galicia, sexa un estímulo para nós crentes, na tarefa de facer do noso país un lugar fraterno, solidario, xusto e acolledor.
Perdón
Polas veces nas que temos renunciado a comprometernos na construción de parroquias máis humanizadoras e xu…

O pouco con Deus é moito

O pouco con Deus é moito(de ben nacid@s é ser agradecid@s)PórticoCanto nos custa ser agradecid@s!. Parece que tod@s teñen que facer as cousas por obrigación, que tod@s temos dereitos, pero non deberes. Porén, a celebración de hoxe quere ser toda ela un canto á gratitude, a saber disfrutar da entrega aos e dos demais. Facéndoo porque un se sente contento de facelo, crece coma persoa, e segue a confiar nos seres humanos. Cando moitas das noticia dos xornais coas que almorzamos cada día nos falan de morte, opresión, corrupción, abuso... mirar para a Palabra de Deus, e atoparse cun recanto onde algo tan sinxelo como dicir grazas, é o cerne de todo o que poidamos ser e facer. Que tamén nós, coma Abrahám, Paulo, Marta ou María, saibamos disfrutar da gratuidade que Deus pon na nosa vida para poder compartila cos irm@ns.
PerdónPorque as veces somos cristiáns só de boquilla, de asento, de Igrexa, descoidando o compromiso cos demais, encontro con Xesús, SEÑOR, AXÚDANOS A COMPROMETERNOS.Porqu…

Quen é o meu próximo?

QUEN É O MEU PRÓXIMO? NINGUÉN…SE O PREGUNTAS; CALQUERA… SE O AMAS PORTICO Que o noso mundo está saturado de palabrería, non debería ser un segredo para ninguén. Anúnciase todo sen o mínimo inconvinte en mentir con tal de vender ou vencer. E así, a meirande parte das persoas xa non se fían de nada nin de ninguén: nin das leis, que en demasiadas ocasións favorecen a uns poucos; nin da relixión, convertida en burocracia e acto social; nin moito menos das outras persoas. Non é necesaria unha análise social moi profunda para descubrirmos as actitudes de autodefensa, receo e evasión que adoptamos diante de quen pode perturbar a nosa tranquilidade. Cantos rodeos para evitar a quen nos resulta molesto ou incómodo!. Como apremamos o paso para non deixarnos alcanzar por quen nos agonía con problemas, sensabores e penas
Por iso Xesús non se cansará nunca de repetirnos que non hai amor a Deus sen amor ao próximo; ensinándonos así a coordinar palabras e feitos, pensamentos e accións. Que a celebraci…

Ser testemuñas para transformar

SÓ SENDO TESTEMUÑAS SEREMOS QUEN DE TRANSFORMALO TODO
PÓRTICOA televisión, a radio, están cheas de persoas que falan da súa vida, persoas con grandes calidades ou con outras non tan grandes, persoas que son alegres, que nos din o que temos que facer, como temos que ir á moda, como temos que enfrontarnos á vida... Pero quizá non nos damos conta de que estamos fartos desas persoas, fáltannos persoas comprometidas, persoas que non pensen só en si mesmas, persoas que antepoñan o “noso” ao “eu”,fáltannos testemuñas que coa súa vida sexan un referente para nós.Pois a celebración de hoxe chámanos a ser esas testemuñas. Chámanos a que coa nosa vida reflexemos a vida de Xesús, chámanos a que levemos a paz de Xesús a tod@s de balde, xenerosamente, sen medir consecuencias e sen ter medo.Que a celebración de hoxe nos faga ser testemuñas valentes no medio do mundo.PERDÓNPorque moitas veces cremos que por nós mesmos, sen contar cos demais ou incluso desprezándoos, podemos chegar a ser bos cristiáns.…