Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2007

A festa da Comuñón (Trindade)

A festa da Comuñón: Creo nun Deus que Elixe, Envía e AcompañaPórticoA globalización, mundo sen fronteiras nin Estados, vainos facendo caer na conta de que cando dicimos pluralidade, sexa relixiosa, política, cultural, laboral, lingüística ou social, non estamos a falar de memoria ou en abstracto, senón que é unha realidade, unha vivencia coa que topamos cada día nas rúas, no traballo, na escola, nos sitios de lecer, nos templos... A festa de hoxe, a Trindade, quere pornos de manifesto que Deus, o Deus do Evanxeo, a quen lle rezamos e no nome de quen nos reunimos, non é excluínte ou elitista; ao contrario, é un Deus de tod@s e para tod@s, que se nos vai mostrando coma un Pai que quere aos seus Fill@s e @s acompaña coma Vento enfortecedor.Que a celebración que agora comezamos nos abra a esta forza do Deus que non quere camiñar só.Perdón·Por non estar dispost@s a superar prexuízos que nos fan crer que só nós, ou os que pensan coma nós, son os elixidos de Deus, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á PL…

Da uniformidade á comunidade Plural (Pentecostés)

PÓRTICOCando miramos unha obra de arte que nos impacta, dicimos que ten alma, forza, espírito... Son situacións que nos abren a pensamentos, evocacións, comunicación de vivencias, de experiencias, mesmo de xeitos de entender o noso estar no mundo e as persoas que nel estamos. O mesmo nos pasa ao falar de xente que para nós ten un aquel especial: poetas, pintores, científicos, artistas, labregos, albaneis... que para nós, pola súa forma de ser e polas cousas que fan, resúltannos especiais, con espírito.A celebración de hoxe quere tamén pornos de manifesto que o Espírito está nas comunidades, sostenas con forza, aléntaas nos proxectos e confírmaas nas conviccións. Un Espírito que nos mantén na unidade, pero que posibilita a pluralidade de accións, maneiras, formas de ser e vivir o cristián. Abrámonos a esta forza para poder seguir camiñando xunt@S.PERDÓNPorque non acabamos de entender que a pluralidade na Igrexa é don do Espírito, Señor, espértanos ao comunitario.Porque non no…

Descender para Ascender (Ascensión 2007)

DESCENDER… PARA PODER ASCENDERPÓRTICOVivimos nun mundo no que moitas veces parece que todo está decidido e pouco temos que facer: planifícase o nacemento, prográmase a educación, racionalízase o traballo, dísenos qué temos que consumir, en qué investir o noso tempo libre, convéncesenos de que non hai máis futuro que o que vemos. Mátase a esperanza, agóchase a fantasía e recórtase a liberdade, pero sen esperanza, sen fantasía, sen liberdade, non somos quen de dar sentido á nosa vida.Para escapar desta trampa, anúnciasenos hoxe a Ascensión do Señor que é fundamento dunha esperanza invencible. Afirmar a Ascensión do Señor é un acto de liberdade… e tamén de responsabilidade. É a nosa propia ascensión, a do noso mundo, a da nosa sociedade; porque ascender coma Xesús é traballar por humanizar o mundo, é comprometérmonos por construír, xunto con outr@s a fraternidade e a xustiza.Que esta celebración que agora comezamos nos faga caer na conta de que non podemos quedar aí plantados, senón que …

Para que non se apague a frescura (Pascua)

6º Domingo de pascuaCando as tradicións se converten en principios... apágase a frescura da mensaxePórticoEstamos cansos de escoitar que a Igrexa non se renova, que vive no pasado, que a súa mensaxe e as súas formas xa non están de moda. Porén, a Palabra que cada domingo escoitamos preséntanos unha visión moi distinta.Ela fálanos de solidariedade, paz, capacidade de compartir, fraternidade...que nos está a pasar para que o testemuño que damos non sexa fiel á riqueza da Palabra que nos fala, senón ao anquilosamento dunhas tradicións moitas veces valeiras?Volvamos os ollos e o corazón á experiencia inaugurada por Xesús e reflectida nos textos que cada domingo proclamamos, para que ela sexa a forza que nos leve a testemuñar que o seguimento de Xtoé riqueza persoal e comunitaria. E que a celebración de hoxe nos dea forza para vivila.Oración de perdónPorque moitas veces antepomos os costumes á fidelidade de túa mensaxe. Señor, que rompamos rutinas. Porque nos deixamos levar do “ sempre se f…