Ir al contenido principal

Para o esforzo e a ilusión (Coresma 2007)

Signo

Taboleiro no que se irán colocando algunhas das novas negativas da semana. Debaixo unha frase que nos vai situando no camiño da pascua:

“A morte non é o final. El abriunos o camiño”

(Alternativa para as comunidades de diocese de Tui-Vigo: ir dando a coñecer cada domingo un dos documentos do Sínodo diocesano de Tui-Vigo. Se a coresma é tempo de renovación, que menos que coñecer o que entre tod@s decidimos para levar va cabo a renovación pastoral da diocese.)

Pórtico

Ábresenos unha nova xeira, e parece que nos da igual, que se volve repetir o mesmo que outras veces, que nada cambia. O eterno retorno?

Desde a fe, que confesamos, compartimos e celebramos, non estamos non volver outra vez ao mesmo, ao contrario.O tempo de coresma que comezamos ponnos nun camiño novo, distinto, diferente.Un camiño no que se nos invita a percorrer na convicción de que nada é para sempre, que a novidade é posible, que as cousas, inda que pareza o contraio están, pouco a pouco, a cambiar. Que Deus non nos deixa da súa man.Pero nós tamén temos que ir pondo da nosa parte, porque senón nada será posible, e a frustración acampará nas nosas vidas. Poñámonos entón en camiño, que a esperanza da resurrección que tantas veces temos escoitado dicir, non sexa unha frase feita, senón parte da nosa vida, unha vida empeñada en facer que agromen realidades novas

Perdón

  • Para que deixemos atrás as actitudes que nos escravizan. Señor, lévanos da túa man.
  • Porque moitas veces idolatramos os cartos, a televisión, o ordenador, o coche... e non nos damos conta de que eles son os nosos deuses ante que nos rendemos. CRISTO, lévanos da túa man..
  • Polas veces en que buscamos a aprobación dos demais, que falen ben de nós, que nos dean palmadiñas na espalda, converténdonos en pequenos deuses. Señor, lévanos da túa man.

Remol

Neste domingo de coresma sempre lemos as tentacións de Xesús. O domingo que vemos como loitamos nos contra as tentacións. Unhas tentacións que temos toda a vida e que este domingo Xesús ensínanos a superalas, facendo fincapé en tres tentacións que son fundamentais e que el sufriu para darnos un exemplo a todos nos.

Non só de pan viven as persoas. É unha tentación que nos invita a mirar mais aló do que somos, en cerrarnos so en nos mesmos, no noso traballo, nas nosas cousas, cerrándonos en nós mesmos sen pensar nos demais. Non so vivimos do que temos, do que non compartimos,

Necesitamos dos demais, da súa compaña, do seu ánimo, do seu amor, das súas palabras... que sería de nós se os demais non compartisen connosco, si se pecharan a nós.. Tamén necesitamos do pan de Deus, de transcendencia, do outro que non son eu.

So ao teu Deus adorarás, so a el darás culto. Esta tentación chámanos a atención de que corremos o rico de facernos nós mesmos uns pequenos deuses xa que poñemos a nosa confianza nas cousas deste mundo, pensando que nos dan seguridade, que porque as vemos e sentimos, son mellores. E xunto a isto está o seguir a falsas divindades que nos prometan poder, gloria, ser recoñecidos polos demais. Ao final son deuses que nos deixan baleiros, fomos detrás dunha quimera e seguimos co mesmo, aínda peor se cabe xa que quedamos atados a este mundo.

Non tentarás ao Señor o teu Deus. Chámanos a atención de buscar a Deus para intereses persoais, para servirnos del para favores persoais, eu fágoche isto se ti me das aquilo, ou viceversa. Cantas veces tentamos a Deus coas nosa peticións e oracións, coas nosas promesas, convertendo a Deus nin títere. A superación desta tentación está en pedir para os demais, que non estamos sos no mundo, que outros necesitan mais que nós. Que o Pai actúa nos demais.

Pero ao final, temos que estar alerta xa que son tentacións que teremos toda a nosa vida, esperando o momento oportuno por eso pídese de nos constancia, estar día a día confiando no Pai, pedíndolle forzas. A palabra de Deus será luz na escuridade, o trato co Pai na oración será fonte de sabedoría para todos nós. Continuemos a nosa celebración coa confianza de que coa forza do espírito seremos quen de superar a tentación

Oración da comunidade

Grazas, porque a pesares das nosas canseiras e da nosa pouca ilusión, segues a plantearnos retos anovadores e estimulantes para facer a nosa vida experiencia de gratuidade e transformación. Por iso che dicimos:

So a Deus daremos culto

  • Para que este tempo de coresma, sexa un tempo no que a Igrexa descubra a necesidade de superar a tentación de ser simple institución ao servizo do inamovible, o poder e o control de conciencias e comportamentos. Oremos.

So a Deus daremos culto

  • Polas nosas comunidades, para que nos esforcemos sempre, pero especialmente neste tempo de coresma, por vencer a tentación de converter a fe en costume, tradición, acto social ou simple feito cultural. Oremos.

So a Deus daremos culto

  • Por nós, para que esta nova xeira de graza e esperanza que agora comezamos, supoña un cambio para vencer as nosas inercias, e podamos dicir que os enfermos son visitados, os tristes consolados, os solos acompañados e os vellos queridos. Oremos.

So a Deus daremos culto

Acolle Pai a nosa oración, ti que lle deches forzas ao teu fillo para superalas tentacións, dánolas a nos para día a día ir converténdonos á túa vontade. Por Cristo o teu fillo o noso irmán. Amén.

Para a reflexión

E a palabra do Pai foise impoñendo.

Non ao poder, senón ao servizo.

Non á gloria, senón á humillación.

Non á violencia, senón á pacificación.

Non á vinganza, senón ao perdón.

Non á imposición, senón á liberdade.

Non á forza, senón á debilidade,

Non á obriga, senón, á sedución.

Non ao castigo, senón á promesa.

Non aos sacrificios, senón á misericordia.

Non á lei, senón ao amor.

Cantos

Entrada.- arrepentido

Lecturas.- Amóstrame, Señor, os camiños da vida

Comuñón.- Acharte presente na vida

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor