Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2007

O que custa é baixar (Coresma 2007)

2º Domingo de Coresma 2007 Signo Taboleiro no que se irán colocando algunhas das novas negativas da semana. Debaixo unha frase que nos vai situando no camiño da pascua: “A morte non é o final. El abriunos o camiño” Pórtico Se algunha vez subimos unha montaña, sabemos do esforzo físico que isto supón... e tamén do atractivo que leva consigo: o de irnos vendo cada vez máis arriba... como dominando a situación e a satisfacción de chegar ao cumio. Pero a pesares das dificultades... o que máis custa non é subir, senón baixar. Pois ben... aos amigos de Xesús pasoulles o mesmo cá nós. Estamos mellor na montaña, no espectacular, no distinto, na novidade... mellor que no día a día, verdade?. Valoramos moitos máis calquera novidade que o sinxelo da xente pequena, que nos parece sempre igual. E é que a vida ten tanto de gris e de amargura que nos quedan poucas ganas de baixar, de pisar terra, de facerlle fronte á dura realidade... Pero Deus non está arriba, senón na vida, no chan, cóbado con cóba

Para o esforzo e a ilusión (Coresma 2007)

Signo Taboleiro no que se irán colocando algunhas das novas negativas da semana. Debaixo unha frase que nos vai situando no camiño da pascua: “A morte non é o final. El abriunos o camiño” ( Alternativa para as comunidades de diocese de Tui-Vigo: ir dando a coñecer cada domingo un dos documentos do Sínodo diocesano de Tui-Vigo. Se a coresma é tempo de renovación, que menos que coñecer o que entre tod@s decidimos para levar va cabo a renovación pastoral da diocese.) Pórtico Ábresenos unha nova xeira, e parece que nos da igual, que se volve repetir o mesmo que outras veces, que nada cambia. O eterno retorno? Desde a fe, que confesamos, compartimos e celebramos, non estamos non volver outra vez ao mesmo, ao contrario.O tempo de coresma que comezamos ponnos nun camiño novo, distinto, diferente.Un camiño no que se nos invita a percorrer na convicción de que nada é para sempre, que a novidade é posible, que as cousas, inda que pareza o contraio están, pouco a pouco, a cambiar. Que Deus non

Amar aos inimigos, ¡que tolería!

Domingo 7 do Tempo Común Pórtico Na nosa sociedade, no noso mundo, impera a lóxica do odio e da violencia. Unhas veces de forma directa, pero outras, escondida baixo grandes palabras: respecto ás normas, obediencia á vontade de Deus, apoio a unha nación, defensa da democracia e da nosa civilización... Parece que a reconciliación non é unha prioridade e o perdón está suxeito á vinganza previa ou, cando menos, á derrota dos inimigos. Pero Xesús quere que aprendamos outra forma de facer as cousas, outra forma de ver a realidade. Non é cousa de deixarse esmagar polos violentos ou polos inxustos, pero mentres non “poñamos a outra meixela”, non será posible rachar a lóxica da violencia e da vinganza. Que a nosa celebración de hoxe sirva para achegarnos ao perdón e á reconciliación. Perdón Porque seguimos facendo realidade en nós aquilo de: ”o que ma fai, págama”; Señor, enchóupanos coa túa misericordia. Porque somos dos que perdoan, pero non esquecen, e a memoria do mal fainos infelices, Cri

Podemos cambialo - domingo VI do Tempo Común

XORNADA DE MANS UNIDAS http://www.manosunidas.org/ PÓRTICO Baixo o lema “ Ti sabes ler, el@s non”, Celebramos hoxe a Xornada de Mans Unidas. Responde a un dos oitos obxectivos do milenio que as Nacións Unidas propoñen para erradicar a pobreza do mundo. Todas as persoas desexamos ser felices. É algo instintivo. Deus creounos para selo pero ¿onde está a felicidade?, ¿como conseguila?. Diante das diversas formas que se nos propoñen, a Igrexa exponnos este domingo as benaventuranzas de Xesús como fórmula de felicidade. Que a celebración que agora comezamos nos axude a esperar do soño do egoísmo e do noso materialismo para entrar na dinámica da xustiza, do compartir e da austeridade. O PERDÓN Ti que proclamaches ditosos aos pobres, perdoa o noso apego ás riquezas, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN. Ti, que declaraches felices aos fament@s de xustiza, perdoa todas as nosas inxustizas, CRISTO, TÉNDENOS A TÚA MAN Ti, que chamas benaventurados aos que choran, perdoa a nosa insensibilidade diante das mi