Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2007

Imitadores? Non grazas! Seguidores e seguidoras!

Domingo 5 do tempo común 3 de febreiro de 2007 Pórtico Estamos cansos de palabras. Sobran. Parece que cada un/ha de nós vémonos obrigados a dar sentencia, a opinar, e sobre todo a sentírmonos sempre importantes e protagonistas. Porén a mecánica de Deus é ben distinta; sóbranlle as nosas palabras e fáltanlle os nosos feitos. Que pouco atención lle prestamos! Temos grandes documentos, moitas das nosas homilías son estupendas pezas de retórica literaria, os nosos centros de formación teolóxica teñen profesores cultos, entendidos na materia, sabios...pero a pesares disto, segue a faltarnos o máis importante: a vida. Onde está o noso testemuño? As enquisas dinnos que a Igrexa é a institución da nosa sociedade menos valorada. Tan pouca ilusión temos para transmitir? A nosa celebración de hoxe xira arredor do tema do seguimento: Isaías, Paulo, Pedro... son chamados por Deus, coma cada un e cada unha de nós, que vimos aquí convocados por el para celebrar a nosa fe. Non é un mago nin un tapabur

Socializar a Boa Nova

conversión, cambio e compromiso Domingo IV do Tempo Ordinario 28 de xaneiro de 2007 PÓRTICO Que sería de nós sen amor?. Seguro que moitas veces témonos feito esta pregunta, seguro tamén que lle teríamos atopado máis dunha resposta. Respostas que non irán moi lonxe de afirmar que nos sentiríamos perdidos, tristes, sen ilusións... por que?, pois moi sinxelo, porque é o amor o que nos dá vida. Desde o amor viñemos á vida, desde o amor fomos acollidos nela, desde o amor fomos descubrindo a existencia de persoas que se preocupaban, que puñan a súa vida ao noso servizo. Tamén desde o amor fixemos proxectos de vida compartida con outras persoas, de decisións para vivir na solidariedade e o ben común. De causas na defensa dos pequenos e necesitados. E todo isto desde onde?. Pois moi sinxelo, desde Aquel que nos quere, que nos buscou desde sempre, que estivo, está e seguirá a estar a noso lado nas ledicias, que foron moitas, e tamén nas dificultades, que non deixaron de chamar na nosa porta. Po

¿Cumprirase en nós esta escritura?

III DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO (CICLO C) PÓRTICO Moitas veces terémonos preguntado, ¿cal é a miña tarefa dentro do mundo, dentro da sociedade, dentro da Igrexa?. Hoxe Xesús vainos presentar o seu programa, que é unha boa nova, unha nova alegre, un ano de graza que nos ven de Deus. Porque o seu programa trae a liberdade de todas as opresións que nos encadean, é luz que alumea as nosas cegueiras e as tebras. Hoxe, coma en Galilea hai vinte anos, Xesús preséntase e fálanos ao corazón a cada un e a cada unha de nós, que nos reunimos para celebrar xunt@s que, por riba das nosas distancias, hai unha fe que nos une. Que esta celebración que agora comezamos nos axude a identificarnos co proxecto liberador de Xesús, para así facelo vida en nós. O PERDÓN Polas veces nas que en lugar de buscar a unión somos motivo de división, sementando discordia e buscando enfrontamentos dentro das nosas familias, cos nosos veciños, no noso traballo, na nosa parroquia, SEÑOR, DEVÓLVENOS A ILUSIÓN. Porque nos re

O viño que foi auga

Pórtico Anda… pero se xa rematou todo… Tanto preparar… tanta ilusión… tanto… e ao final volvemos á normalidade, que depresión... Temos nos esta sensación? Cando reducimos o Nadal, no consumo, na comida, na reunión familiar... gastamos moitas forzas en preparar todo, en facer cousas, en ter todo perfecto.. pero pasou o día e pasou a romaría e así o temos a sensación de baleiro... Hoxe estamos outra vez no tempo Ordinario, o extraordinario pasou e é tempo de poñelo en práctica... Tódalas ilusións, tódolos propósitos, toda esa vida proxectada para este ano. Que alegría sentir esa nova vida que vai revolucionando e transformando o cotiá o día a día que deso se trata neste tempo, Que a celebración de hoxe sexa un motivo de encontro co Pai que nos anima a comezar esta nova xeira. Perdón Porque nos deixamos vencer pola apatía, pola indiferenza, sen ter en conta aos demais. SEÑOR, PERDOA A NOSA COMODIDADE . Porque moitas veces non escoitamos os teus anuncios, pechamos os oídos e torcemos a c